Εκτύπωση

Creo en Deus, Pai todo poderoso, creador do ceo e máis da terra.

Creo en Xesucristo, o seu único Fillo, o noso Señor, que foi concebido por obra e gracia do Espíritu Santo e naceu da Virxe María. Padeceu no tempo de Poncio Pilato foi crucificado, morto e sepultado, descendeu ós infernos. O terceiro dia resucitou de entre os mortos, subiu ó ceo, onde está a direita do Pai, e de alí virá xulga-los vivos e os mortos.

Creo no Espíritu Santo na Santa Igrexa Católica, na comunión dos Santos, no perdón do pecados, na resurrección da carne e na vida eterna. Amén.